New scalable machine learning methodsbeyond classification and regression

  1. Eiras Franco, Carlos
Dirixida por:
  1. Amparo Alonso Betanzos Director
  2. Bertha Guijarro-Berdiñas Co-director
  3. Antonio Bahamonde Rionda Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 16 de xaneiro de 2020

Tribunal:
  1. Alicia Troncoso Lara Presidente/a
  2. Óscar Fontenla Romero Secretario
  3. A. Bouchachia Vogal
Departamento:
  1. Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información

Tipo: Tese

Teseo: 610640 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O recente aumento na cantidade de datos dispo~nibles deu lugar a unha nova e prometedora era no aprendizaxe máquina. Os éxitos neste eido estanse a suceder a un ritmo cada vez maior gracias a capacidade dalgúns algoritmos de aproveitar inmensas cantidades de datos para producir prediccións difíciles e moi acertadas. Non obstante, moitos dos algoritmos ata agora dispo~nibles para os científicos de datos perderon a súa efectividade neste novo escenario por mor das complicacións asociadas ao aprendizaxe a grande escala. Traballar con grandes conxuntos de datos leva consigo problemas loxísticos, limita a complexidade computacional e espacial dos algoritmos empregados, favorece os métodos con poucos ou ningún hiperparámetro a configurar e ten complicacións específicas que dificultan o aprendizaxe. Esta tese céntrase na escalabilidade dos algoritmos de aprendizaxe máquina, é dicir, na súa capacidade de manter a súa efectividade a medida que a escala do conxunto de datos aumenta. Tratamos problemas para os que as solucións dispoñibles teñen problemas cando crece a escala. Polo tanto, deixando no canto a clasificación e a regresión, centrámonos na selección de características, detección de anomalías, construcción de grafos e no aprendizaxe máquina explicable. Analizamos catro estratexias diferentes para obter algoritmos escalables. En primeiro lugar, exploramos a computación distribuída, que empregamos en tódolos algoritmos presentados. Ademáis desta técnica, tamén examinamos o uso de modelos aproximados para acelerar os cálculos, o deseño de modelos que aproveitan unha particularidade dos datos de entrada para simplificar o adestramento e a potenciación de modelos sinxelos para axeitalos ao aprendizaxe a gran escala. Implementamos catro novos algoritmos e seis versións de algoritmos existentes que tratan os problemas mencionados e para cada un deles expoñemos resultados experimentais que mostran tanto a súa validez en comparación cos métodos previamente dispoñibles como a súa capacidade para escalar a grandes conxuntos de datos. Tódolos algoritmos presentados foron postos a disposición do lector para a súa descarga e difundíronse mediante publicacións en revistas científicas para facilitar que tanto investigadores como científicos de datos poidan coñecelos e empregalos.