Distribución de Spiranthes spiralis (L.) Chevall (Orchidaceae) en Galicia (NO de España)análise de parámetros ambientais

  1. I. Lema Suárez
  2. M. Pimentel
  3. M. Perille
  4. Elvira Sahuquillo Balbuena
Revista:
NACC: Nova acta científica compostelana. Bioloxía

ISSN: 1130-9717

Año de publicación: 2015

Número: 22

Tipo: Artículo

Otras publicaciones en: NACC: Nova acta científica compostelana. Bioloxía

Resumen

Spiranthes spiralis é unha orquídea considerada común en Europa pero que nos últimos anos sufriu unha importante regresión. Os obxectivos deste estudo foron analizar o estado das poboacións galegas de S. spiralis, caracterizar as condicións ambientais nas que se desenvolve e identificar posibles reservorios da especie. Para acadalos comparáronse os datos previos publicados coa nova información existente nos herbarios oficiais (SANT e MA), exploráronse novas áreas e elaboráronse os mapas de distribución das poboacións con respecto a distintas variables ambientais (T media anual, precipitacións e tipo de solo). Nas prospeccións realizadas atopáronse 20 poboacións novas (40% do total) en 13 concellos distintos. Aproximadamente o 70% das poboacións medran en áreas onde a temperatura media anual é de 15,0 ºC e as precipitacións anuais superiores a 1300 mm. Os resultados obtidos indican que aínda que aumentou o número de poboacions de S. spiralis en Galicia o tamaño poboacional observado e os tipos de hábitat nos que a especie se desenvolve requiren un estudo a máis longo plazo no que sería necesaria a realización de análises xenéticas para estabelecer o grado de conservación da especie en Galicia.