Da utopía á realidadea implementación de varias actividades de Aprendizaxe-Servizo nunha mesma materia

  1. Servia García, María José 1
  1. 1 Universidade da Coruña
    info

    Universidade da Coruña

    La Coruña, España

    ROR https://ror.org/01qckj285

Libro:
Contextos universitarios transformadores: construíndo espazos de aprendizaxe.
  1. Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-712-1

Año de publicación: 2019

Páginas: 415-423

Congreso: Xornadas de Innovación Docente (3. 2019. A Coruña)

Tipo: Aportación congreso

Resumen

Os proxectos de Aprendizaxe-Servizo (ApS) poden resultar atractivos para estudantes e profesores polas múltiples oportunidades que ofrecen para a mellora na formación en contidos e a adquisición de competencias transversais. Porén, tamén esixen unha planificación moi coidadosa e un seguimento exhaustivo, o que fai que o número de alumnos que xeralmente poden participar nestas actividades sexa reducido. Co obxectivo de ampliar a oferta de prazas para participar en ApS, na actualidade ofrécense dous proxectos diferentes na materia de Etoloxía (cuarto curso do Grao en Bioloxía da Universidade da Coruña). O primeiro faise en colaboración coa Asociación Protectora de animais Gatocan, e ten como obxectivo promover a adopción de animais e reducir o seu abandono mediante a publicación de artigos no boletín electrónico da asociación. O segundo faise en colaboración co Concello de Oleiros e ten como obxectivo a divulgación e formación do público sobre os problemas relacionados cunha especie invasora. Así, nesta comunicación destácanse os aspectos mais críticos relacionados coa planificación, seguimento e resultados das ApS, así como outras cuestións derivadas de posibles desequilibrios entre os proxectos.