Análise dunha experiencia APS na Facultade de Ciencias
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-678-0
Año de publicación: 2018
Páginas: 415-417
Congreso: Xornadas de Innovación Docente (2. 2017. A Coruña)
Tipo: Aportación congreso
Resumen
Para provocar un cambio no xeito que ten o alumnado de aproximarse aos contidos da materia Fanerogamia, troncal do 3º do Grao en Bioloxía, considerada excesivamente teórica e de pouco interese na sociedade actual, planteouse no curso 2016-2017 aplicar a metodoloxía APS (Bringle & Hatcher, 1996; Astin et al. 2000). A proposta consistiu en contactar con dúas ONG ambientalistas as cales plantexaron unha serie de proxectos que foron consensuados cos profesores da materia. Así mesmo, explicouse ós alumnos a posibilidade de participar nesta metodoloxía e pedíronse voluntarios. Esta actividade sería paralela a outros traballos de investigación teórica que realizan o resto dos estudantes mais coa mesma carga de créditos e peso na cualificación final. Os estudantes escolleron o proxecto no que desexaban traballar e realizárono en grupos. Representantes das ONG explicaron a cada grupo de alumnos o seu proxecto, para que os estudantes percibisen a problemática social que había detrás do traballo que se lles pedía, a importancia de aplicar os coñecementos adquiridos con rigor e a responsabilidade que asumían á hora de desenvolver o proxecto. Por outra banda, os estudantes terían que organizar o traballo en grupo e, finalmente, presentar os resultados aos membros das ONG. Para avaliar o proxecto APS deseñáronse enquisas como un cuestionario con escala tipo Likert e unha rúbrica para os profesores (Campo 2015). Como resultado, é salientable a gran aceptación e a melloría na percepción da materia por parte dos estudantes, aumentando a súa comprensión e interese polos contidos. Entre os problemas o volume de traballo e a organización temporal. Por parte das ONG perciben a necesidade de implicarse máis no desenvolvemento dos traballos e clarificar mellor o proceso de avaliación. No profesorado, os problemas xurdiron pola escasa flexibilidade das guías docentes e o volume de traballo xerado.