Aprendizaxe baseada en problemas en Xenética Molecular
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Publisher: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-678-0
Year of publication: 2018
Pages: 425-426
Congress: Xornadas de Innovación Docente (2. 2017. A Coruña)
Type: Conference paper
Abstract
A aprendizaxe baseada en problemas (ABP) trátase dunha metodoloxía na que os alumnos, guiados polo profesor, deben resolver un problema. No proceso, os alumnos constrúen e aplican coñecementos en lugar de ser meros receptores. Neste traballo, propoñemos aplicar ABP na materia Xenética Molecular do Grao en Bioloxía e do Programa de Simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química, impartidos na Facultade de Ciencias da UDC. O obxectivo é espertar un maior interese pola Bioinformática, unha parte da materia considerada a miúdo ardua e tediosa. Tamén pretendemos incrementar a orientación da materia cara á práctica profesional. A actividade que se propón consta de tarefas prácticas estruturadas, idénticas ás que se realizan nun laboratorio típico de Xenética Molecular. Así, o problema a resolver enfronta aos alumnos a unha situación real que implica non só aplicar coñecementos senón tamén tomar decisións. Para resolver o problema, os alumnos recibirán unha explicación previa do profesor e disporán de orientación mediante titorías e un foro en Moodle. A actividade desenvolverase en grupos de 4-5 alumnos. A aprendizaxe avaliarase en base á exposición oral apoiada nunha presentación Power Point que realice un membro do grupo elixido polo profesor e aos comentarios críticos que realicen os demais membros do grupo. Para organizar as titorías de avaliación, usarase a ferramenta Doodle. A actividade de ABP que se presenta contribuirá a desenvolver competencias recollidas na guía docente da materia e debería axudar aos alumnos a ver a relevancia do traballo realizado en Xenética Molecular.