Programa de intervención virtual para mejorar los procesos cognitivos en educación infantil

  1. Fernández Abella, Raquel
Dirixida por:
  1. Manuel Peralbo Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 19 de febreiro de 2019

Tribunal:
  1. María del Mar García Señorán Presidente/a
  2. Antonio Valle Arias Secretario
  3. José Carlos Núñez Pérez Vogal
Departamento:
  1. Psicoloxía

Tipo: Tese

Teseo: 583515 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O obxectivo principal da investigación foi empregar un programa de interacción virtual persoa-ordenador para desenvolver as Funcións Executivas, memoria de traballo, flexibilidade cognitiva e control inhibitorio, coa finalidade de observar os seus efectos sobre as Habilidades Matemáticas Básicas en alumnos e en alumnas do terceiro nivel do segundo ciclo de Educación Infantil. A investigación desenvolveuse empregando un deseño factorial de medidas repetidas cun factor inter-grupo (grupo control, grupo papel e lapis e grupo tecnolóxico) e un factor intra-grupo (pre-test e post-test). O grupo papel e lapis (n=30) recibiu igual intervención educativa que o grupo tecnolóxico (n=30), pero sen recursos tecnolóxicos, polo que actuou como control do efecto da tecnoloxía, e o grupo control (n=30) non recibiu intervención educativa, actuando como control da intervención educativa. Antes e despois do programa de intervención educativa avaliáronse as Funcións Executivas do alumnado a través de dúas tarefas. Coa Tarefa Corsi avaliouse a memoria de traballo e coa Tarefa Flanker avaliouse a flexibilidade cognitiva e o control inhibitorio. Ademais, avaliáronse as Habilidades Matemáticas Básicas do alumnado mediante o Test para o Diagnóstico das Competencias Básicas en Matemáticas (TEDI-MATH). Tras a implantación do programa empregáronse os mesmos instrumentos para valorar os efectos da intervención educativa nas variables obxecto de estudo. Os resultados mostraron cambios nas variables investigadas a favor do grupo tecnolóxico e do grupo papel e lapis. Finalmente, destacar que ademais do impacto que os resultados poidan ter na mellora dos procesos cognitivos investigados e a súa influencia nas Habilidades Matemáticas Básicas, considérase fundamental apostar por tecnoloxías educativas innovadoras que demostren a súa achega real á mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe, xa que é garantía de que as novas xeracións terán un mellor acceso ao coñecemento.