Aplicación de técnicas de biorremediación para la eliminación de contaminantes mediante el uso de biomasa microalgal
- Santaeufemia, Sergio
- Enrique Torres Director
- Julio Abalde Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 18 de decembro de 2019
- Marta Otero Cabero Presidente/a
- Ángeles Cid Secretaria
- Francisco Leganés Nieto Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Hoxe en día, o tratamento das augas residuais é un asunto clave na sociedade moderna e está a recibir unha gran atención en todo o mundo. Este traballo trata sobre o estudo de dúas estratexias de bioremediación con microalgas para tratar as augas residuais e eliminar os contaminantes emerxentes presentes en ambientes acuáticos. Unha primeira estratexia consistiu na utilización de procesos de biosorción para eliminar contaminantes como oxitetraciclina, ibuprofeno e triclosán mediante a biomasa viva e morta da microalga Phaeodactylum tricornutum, demostrando que esta biomasa é moi adecuada nestes procesos debido á súa eficiencia, facilidade de obter e ser respectuosa co medio ambiente. Unha segunda estratexia consistiu en empregar técnicas de bioaumentación mediante a biomasa da microalga Chlorella protothecoides, nun consorcio con bacterias de lodos activados e a bacteria Brevundimonas diminuta para mellorar a eliminación de nutrientes (nitróxeno e fósforo) e diminuír a concentración de demanda química de osíxeno das augas residuais Demostrouse que diferentes tipos de consorcios aumentaron o crecemento e a capacidade de eliminación de nutrientes de C. protothecoides, reducindo a concentración de nutrientes a niveis por baixo do límite legal, mellorando así a calidade dos efluentes