Study and development of a stability assessment system for fishing vessels to prevent capsizing during navigation

  1. Santiago Caamaño, Lucía
Dirixida por:
  1. Vicente Díaz Casás Director
  2. Marcos Míguez González Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 09 de decembro de 2019

Tribunal:
  1. Luis Perez Rojas Presidente/a
  2. Pablo Fariñas Alvariño Secretario
  3. Ermina Begovic Vogal
Departamento:
  1. Enxeñaría Naval e Industrial

Tipo: Tese

Teseo: 611055 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A pesca é ben coñecida por ser unha actividade moi perigosa. A maioría dos accidentes, en particular aqueles con peores consecuencias, son causados por faios na estabilidade (estáticos ou dinámicos). Os buques de pequeno e mediano tamaño, os cales representan a maior porcentaxe da flota, son os máis afectados debido a falta de formación da tripulación nesta materia. O uso de sistemas de avaliación da estabilidade e axuda ó patrón foi proposto por numerosos autores, administracións e outras partes interesadas, como unha solución viable para axudar ó patrón a identificar obxectivamente os riscos potenciais, apoiar o seu proceso de toma de decisións e reducir a probabilidade de accidente. O obxectivo desta tese doutoral é contribuír o desenvolvemento de tal sistema de avaliación da estabilidade, o cal podería estimar en tempo real e coa mínima necesidade de interacción coa tripulación o nivel de estabilidade dun barco. Ademáis, podería proporcionar información útil ó patrón e mensaxes de advertencia no caso de risco potencial. Para avaliar o nivel de estabilidade desenvolvéronse dúas novidosas metodoloxías, que automáticamente calculan en tempo real a altura metacéntrica actual a partir da análise do movemento de balance do barco e detectan cambios neste parámetro. O rendemento destas propostas foi validado con datos do movemento de balance de diferentes barcos, obtidos mediante simulacións de modelos matemáticos, ensaios en canal e probas de mar dun buque real. Dito sistema podería contribuír a aumentar a seguridade non só do sector pesqueiro, senon que tamén doutros tipos de buques onde as tripulacións precisen de información simple e fácil de entender. A pesar de que esta tesis representa un gran paso no desenrolo dos sistemas de avaliación da estabilidade e axuda ó patrón, máis traballo é necesario para lograr un sistema operativo robusto. Os algoritmos de estimación da estabilidade, as interfaces de informaci ón e guía e os sistemas de comunicación deben estar totalmente integrados e listos para ser instalados a bordo.