Social marketing and digital platformsdonation-based crowdfunding campaigns
- Marta Rey-García Codirectora
- Rodolfo Vázquez Casielles Codirector/a
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 25 de enero de 2019
- María José Sanzo Pérez Presidente/a
- Domingo Calvo Dopico Secretario
- Helena Maria Baptista Alves Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
Esta tese doutoral analiza as novas estratexias de marketing social que desafían o comportamento tradicional das organizacións do sector non lucrativo, a través da promoción de campañas de crowdfunding solidario en plataformas dixitais. O capítulo 1 mapea o crowdfunding solidario para causas benéficas, resultado dunha revisión sistemática da literatura e análise bibliométrica. É un campo de estudo moi recente, desenvolvido a través de investigación empírica e cuantitativa, onde os antecedentes individuais e os procesos tecnolóxicos son protagonistas. Proponse un marco conceptual que identifica as relacións causais máis significativas entre os seus antecedentes, procesos e resultados. Os capítulos 2 e 3 exploran a capacidade explicativa dos factores que inflúen o éxito das campañas promovidas en plataformas dixitais. Particularmente, dos factores que tradicionalmente explican o éxito das campañas de captación de fondos fora de liña para causas benéficas (2), e dos factores das campañas (3). Emprégase análise cuantitativa a partir dunha base de datos de 360 campañas promovidas entre 2012 e 2017. A capacidade explicativa dos determinantes relativos ao alcance xeográfico, ao volume de potenciais beneficiarios, á información proporcionada pola entidade promotora, e á difusión en liña da campaña é elevada