Comparative study of toxicological effect of iron oxide nanoparticles in human nerve cells

  1. Fernández Bertólez, Natalia
Dirixida por:
  1. Blanca Laffon Co-director
  2. Vanessa Valdiglesias Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 10 de decembro de 2018

Tribunal:
  1. Josefina Méndez Presidenta
  2. Joao Paulo Teixeira Secretario/a
  3. Isabel O Neill de Mascarenhas Gaivao Vogal
Departamento:
  1. Psicoloxía

Tipo: Tese

Teseo: 577213 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Debido ás súas propiedades físicoquímicas únicas, as nanopartículas de óxido de ferro (ION) teñen gran potencial para diversas aplicacións biomédicas, en particular as que se centran no sistema nervioso. A superficie das ION pode revestirse para mellorar as súas propiedades e a súa biocompatibilidade. Aínda así, o revestimento pode afectar a toxicidade, por iso, é imperativo coñecer os riscos potenciais asociados coa exposición do sistema nervioso. O obxectivo desta Tese foi o de avaliar a posible citotoxicidade e genotoxicidade inducida polas ION con diferentes revestimentos en neuronas humanas (SH-SY5Y) e astrocitos (A172), nun intervalo de doses, dous tempos de tratamento e en presenza/ausencia de soro nos medios de cultura celular. A captación celular das ION e a liberación de ións de ferro a partir da súa superficie, tamén foron determinadas. En xeral, as ION revestidas de sílice (S-ION) amosaron menos citotoxicidade e efectos genotóxicos lixeiramente máis baixos que as ION revestidas con ácido oleico (O-ION), sen relación con roturas de cadea dobre (DSB) ou alteracións cromosómicas. Ademáis, os astrocitos A172 amosaron ser máis sensibles que as neuronas SH-SY5Y ó efecto tóxico de ambas ION. Ademáis, o dano primario no ADN observado en ambos tipos celulares só incluía DSB nos astrocitos. Este traballo aumenta o coñecemento sobre o impacto das ION na saúde humana en xeral, e específicamente nas células do sistema nervioso.