La fundamentación del "rule of law" en el liberalismo constructivista de John Rawls
- Pedro Serna Bermúdez Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 24 de novembro de 2018
- Isabel Trujillo Presidente/a
- María del Pilar Zambrano Secretario/a
- José Justo Megías Quirós Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O presente traballo avalía a relación entre o respecto aos desiderata que constitúen as concepcións formais do rule of law e a promoción da liberdade dos suxeitos xurídicos. Para realizar esta avaliación pártese do pensamento de John Rawls, un dos filósofos liberais máis influentes do século XX. O estudo comeza coa exposición da concepción formal do rule of law que sostén Rawls, así como as súas ideas sobre a xustiza formal, intimamente relacionadas co rule of law. Para fortalecer a comprensión desa concepción, acódese á proposta de Lon L. Fuller, dada a influencia que ten nas ideas de Rawls ao respecto. Con posterioridade, considérase a concepción rawlsiana da liberdade, avaliando as facultades que se asignan a unha persoa libre e as diferentes interpretación sostidas por Rawls na proposta liberal comprensiva e na proposta liberal política. Unha vez feito isto, detállanse os argumentos que defenden o recoñecemento da liberdade producido polo respecto ao rule of law, para rematar expondo una crítica dos devanditos argumentos.