Frailty in the elderlyanalysis of the relationship with genomic alterations and cell repair
- Sánchez Flores, María
- Blanca Laffon Co-director
- Vanessa Valdiglesias Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 12 de xuño de 2018
- Adela López de Cerain Salsamendi Presidente/a
- Solange Costa Secretario/a
- Juan Fernández Tajes Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A fraxilidade é unha síndrome multidimensional caracterizada por una vulnerabilidade aumentada. Actualmente, a identificación da fraxilidade baséase en características fenotípicas. O emprego de biomarcadores na identificación da fraxilidade ofrecería unha detetección máis precisa nas sus primeiras etapas, cando pode ser revertida. O obxectivo principal deste traballo foi estudar a posible relación dunha serie de biomarcadores celulares e moleculares - inestabilidade xenómica, dano no ADN e capacidade de reparación do ADN- co estado de fraxilidade, para a súa proposta coma biomarcadores de fraxilidade. Para este propósito, realizouse un estudo transversal nunha población de anciás (65 ou máis anos) clasificados segundo o seu estado de fraxilidade. Se realizou unha revisión sistemática da literatura sobre biomarcadores xenéticos relacionados coa fraxilidade, para establecer o coñecemento actual sobre o tema. Ademais, se abordaron os puntos críticosque limitan o uso do ensaio de γH2AX en estudos en poboacións humanas. Os resultados amosaron unha asociación significativa e progresiva entre micronúcleos en linfocitos e γH2AX co estado de fraxilidade, dando apoio o se uso coma biomarcadores. Non se observou asociación do estado de fraxilidade con micronúcleos en células bucais, frecuencia de mutación dos recepteores das células T, ensaio do cometa ou capacidade de reparación do ADN.