Association of frailty status in older adults with immunological endocrine and oxidative stress biomarkers

  1. Marcos-Pérez, Diego
Dirixida por:
  1. Blanca Laffon Director
  2. Vanessa Valdiglesias Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 04 de xullo de 2019

Tribunal:
  1. Héctor González Pardo Presidente/a
  2. Amaya Azqueta Oscoz Secretario/a
  3. Joana Madureira Vogal
Departamento:
  1. Psicoloxía

Tipo: Tese

Teseo: 596939 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A fraxilidade é un síndrome xeriátrico multidimensional caracterizado por unha pérdida de homeostase e un incremento da vulnerabilidade. Actualmente, a identificación da fraxilidade basease en características fenotípicas Dada a súa reversibilidade, a identificación da fraxilidade mediante biomarcadores sería primordial para posibilitar unha detección máis temperá e precisa dos individuos fráxiles. Debido a isto, o obxectivo deste estudo foi investigar a posible asociación de diversos biomarcadores coa fraxilidade en persoas maiores. Para iso, levóuse a cabo un estudo transversal nunha poboación de maiores de 65 anos, clasificados de acordo ao seu estado de fraxilidade, determinando un conxunto de biomarcadores relacionados coa activación inmune e a inflamación, o sistema endócrino e o estrés oxidativo. Os resultados obtidos amosaron diferencias significativas nos niveis de varios biomarcadores inmunolóxicos e o cortisol entre individuos fráxiles e non fráxiles, pero non se atopou asociación algunha entre os biomarcadores de estrés oxidativo e o estado de fraxilidade. Os datos presentados neste traballo apoian a hipótese de que o estado de fraxilidade en persoas maiores está relacionado coa estimulación inmune e a inflamación, así como coa desregulación do eixo hipotalámico-pituitario-adrenal dependente da idade.