Fiction PuzzlesGlobalization and Ensemble Narratives

  1. Martingano Prieto, Lucas Andrés
Dirixida por:
  1. Begoña Simal Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 04 de decembro de 2019

Tribunal:
  1. Mar Gallego Durán Presidente/a
  2. José Liste Noya Secretario
  3. Aitor Ibarrola Armendariz Vogal
Departamento:
  1. Letras

Tipo: Tese

Teseo: 601473 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O proceso de globalización nunca estivo tan estendido como agora. Desenvolvementos tecnolóxicos, fluxos migratorios e o poder das transnacionais e do Norte Global estableceron un novo paradigma caracterizado pola interconectividade mundial. Ademais, a violencia persoal e a estrutural constitúen forzas imperantes na sociedade. A literatura e o cine non son alleos a este contexto, o cal exploran a miúdo. Así, esta tese estuda a representación da globalización e a violencia nas ensemble narratives. Coa súa estrutura multi-protagonista, manteño que as ensemble narratives destacan ao reflexar a globalización, facéndose eco da violencia co contido temático e a violencia narrativa formal. O corpus inclúe novelas e películas que examinan ámbolos temas: Tropic of Orange (1997) de Karen Tei Yamashita, El Puente/The Bridge (2000) de Ito Romo, The Inheritance of Loss (2006) de Kiran Desai, Traffic (2000) de Steven Soderbergh, Crash (2004) de Paul Haggis, e Babel (2006) de Alejandro González Iñárritu. Para explorar os aspectos formais das ensemble narratives e a violencia narrativa formal, usarei teorías literarias e cinematográficas tales como narratoloxía ou Film Studies. Para analizar o corpus desde diversas perspectivas, recorrerei a estudos de globalización, teorías postcoloniais e transnacionais, entre outras