Wash-off and sediment transport experiments in a full-scale urban drainage physical model

  1. Naves García Rendueles, Juan
Dirixida por:
  1. Jose Anta Director
  2. Jerónimo Puertas Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 22 de novembro de 2019

Tribunal:
  1. Carlos Alfonso Zafra Mejía Presidente/a
  2. Luis Cea Secretario
  3. Ignacio Andrés Doménech Vogal
Departamento:
  1. Enxeñaría Civil

Tipo: Tese

Teseo: 608133 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O continuo crecemento das cidades e o consecuente aumento das superficies impermeables fan que a xestión das augas pluviais sexa esencial para un desenvolvemento urbano sustentable. Con todo, a variabilidade asociada aos procesos de acumulación e lavado de contaminantes en concas urbanas complica o desenvolvemento de modelos para o deseño e xestión de medidas paliativas que reduzan o impacto ambiental producido pola escorrentía urbana. Nesta tese levouse a cabo unha extensa campaña experimental na que as variables involucradas nos procesos de lavado e transporte de sedimentos, incluíndo fluxos a través de sumidoiros e tubaxes, foron medidas con precisión e en condicións controladas de laboratorio. A utilización dun modelo físico de drenaxe urbana a escala real, o desenvolvemento dun novo simulador de choiva e a definición precisa das variables hidráulicas permiten a transferibilidade dos resultados a concas reais e fan que os datos proporcionados sexan óptimos para o desenvolvemento e validación de formulacións e modelos máis precisos. Os resultados serviron ademais para avaliar e analizar un modelo de lavado baseado en procesos físicos, que se expuxo recentemente como alternativa para modelizar adecuadamente os complexos fenómenos físicos involucrados.