Evaluación de la calidad asistencial en la Clínica Universitaria de Podología de la Universidad de A Coruña

  1. Santalla Borreiros, Fátima
Dirixida por:
  1. Ramón González Cabanach Director
  2. Antonio José Souto Gestal Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 18 de novembro de 2019

Tribunal:
  1. José Jesús Gázquez Linares Presidente/a
  2. Luz González Doníz Secretaria
  3. Francesc Medina Mirapeix Vogal
Departamento:
  1. Psicoloxía

Tipo: Tese

Teseo: 608454 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A avaliación da calidade asistencial e, dentro dela, como indicador clave a que prestar especial atención, a satisfacción do paciente están a considerarse elementos prioritarios nos últimos anos no campo da Podoloxía. No entanto, as achegas e os estudos sobre a avaliación da calidade asistencial podolóxica son mínimos. A Clínica Universitaria de Podoloxía (CUP) da Universidad da Coruña é un centro docente e asistencial que necesita garantir a calidade dos servizos que ofrece, en beneficio tanto dos seus usuarios como das actividades docentes correspondentes ao Grao en Podoloxía. Así, o obxectivo desta investigación céntrase na avaliación da calidade asistencial da CUP, e, máis en concreto, na satisfacción dos seus pacientes. Para analizar os devanditos fenómenos, levouse a cabo un estudo converxente de método mixto (mixed methods), dirixido a explotar a complementariedade existente entre as metodoloxías cuantitativa e cualitativa. Os resultados da investigación permitiron establecer un cuestionario válido e fiable. Así mesmo, pescudouse que o nivel de satisfacción dos pacientes da CUP coa atención recibida é bo. Salienta que o trato e os aspectos clínicos son os elementos descritos como máis satisfactorios. Pola contra, os tempos de espera para primeira consulta, os trámites de citas de seguimento e o acceso representan os aspectos peor valorados. En xeral, as persoas maiores amosaron uns niveis de satisfacción superiores en comparación cos restantes grupos de idade. Finalmente, discútense os resultados e preséntanse diferentes propostas de intervención para mellorar a calidade asistencial na CUP, de acordo cos resultados do estudo.