An application of the Modern Portfolio Theory to the optimization of the European Union power generation mix from an environmental perspective

  1. Martínez Fernández, Paulino
Dirixida por:
  1. Anxo Calvo-Silvosa Director
  2. Fernando DeLlano-Paz Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 30 de xullo de 2019

Tribunal:
  1. Pablo Arocena Garro Presidente/a
  2. Susana Iglesias Antelo Secretaria
  3. Patricia Pereira da Silva Vogal
Departamento:
  1. Empresa

Tipo: Tese

Teseo: 586973 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A aplicación da teoría de carteiras ó campo da planificación enerxética converteuse nunha eficaz axuda para o deseño de carteiras de xeración de electricidade a medio e longo prazo. A planificación enerxética é unha peza clave para a seguridade enerxética, que pode ser definida como a posíbilidade de acceder á electricidade sen interrupcións, a un custo razoable e ca menor impacto medioambiental posible. Nesta compilación contemplamos a seguridade enerxética dende tres puntos de vista diferentes, aínda que relacionados entre si: a redución do risco de xeración mediante a diversificación de tecnoloxías, mediante o uso de tecnoloxías de xeración renovables e mediante o uso de tecnoloxÍas de captura e almacenamento de carbono para as plantas de carbón e gas natural. A propia teoría de carteiras incorpora a redución do risco mediante a diversificación como unha parte fundamental do seu desenvolvemento'. Dende 2014, a estratexia enerxética da Unión Europea está orientada á diversificación de fontes e recursos enerxéticos para reducir a súa extremadamente alta dependencia enerxética. Por outra banda, ten moi en conta os beneficios socias dunha política enerxética respectuosa ca medio ambiente. A política enerxética da Unión Europea impulsa a substitución gradual das tecnoloxías tradicionais de xeración eléctrica, baseadas en combustibles fósiles, por tecnoloxías renovables. Ademais, tamén aposta polo desenvolvemento e a efectiva introdución da captura e almacenamento de carbono para a xeración en base a carbón ou gas natural coma medio para reducir as emisións. A inclusión de enerxías renovables no mix de xeración ten, ademais, a vantaxe de incrementar o nivel de seguridade enerxético, ó reducir a necesidade de importar combustibles fósiles, por mor do carácter autóctono destas fontes de enerxía. Neste traballo, presentamos unha compilación de artigos publicados e de elaboración propia que teñen o obxectivo de avaliar os efectos desas políticas e de mellorar as ferramentas para a toma de decisións nese ámbito.