O léxico do romanceiro da tradição oral moderna portuguesa editado entre 1828 e 1960

  1. Albino Pires, Natalia
Dirigida por:
  1. Xosé Ramón Freixeiro Mato Director

Universidad de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 20 de junio de 2007

Tribunal:
  1. Manuel Ferreiro Fernández Presidente
  2. Xosé Manuel Sánchez Rei Secretario
  3. María Antonia Martí Antonín Vocal
  4. Pedro Alfonso Ferré da Ponte Vocal
  5. Ana Valenciano López de Andújar Vocal
Departamento:
  1. Letras

Tipo: Tesis

Teseo: 138753 DIALNET

Resumen

O traballo de investigación que presentamos céntrase no estudo dun corpus romancístico constituído por 1721 textos da tradición oral moderna portuguesa editados entre 1828 e 1960 con vista á elaboración dun dicionario/vocabulario e á comprobación da especificidade do seu léxico. Dada a extensión do espolio romancístico ao dispor de calquera investigador, restrinximos o noso corpus de traballo ás versións de romances tradicionais de asunto profano e ás versións de romances devotos tradicionais editadas entre 1828 e 1960. A opción de estudar o léxico nun corpus de romances surxe porque, na realidade, aínda que haxa unha enorme cantidade de estudos dedicados ao romanceiro, os estudos específicos sobre cuestións linguísticas son escasos e debrúzanse apenas sobre cuestións formulísticas ou sobre a cuestión das alternancias de tempos verbais e da súa relación coa rima. Antes de se poderen aferir as particularidades do léxico do corpus, houbo que identificar e definir cal o léxico a que recorren os textos para a transmisión da fábula, sendo, para tal, prioritario etiquetar todas as palabras por forma a que se puidese xerar posteriormente o conxunto de palabras lexicais, de adverbios e de cuantificadores utilizados nos textos e concomitantemente xerar o dicionario que dá conta do léxico dos romances da tradición oral moderna portuguesa editados entre 1828 e 1960. Para aferir a especificidade do léxico do corpus obxecto de estudo, analizamos, por un lado, as formas nominais, adxectivais, verbais, adverbiais e os cuantificadores para verificar en que medida se aproximan ou se distancian das formas dicionarizadas da lingua portuguesa e, por outro lado, a importancia das clases gramaticais Nome, Adxectivo, Verbo, Adverbio e Cuantificador no corpus para determinar en que medida poden ou non caracterizar o léxico do corpus. Procuramos verificar, tamén, se existe variación lexical nos textos e en que clases gramaticais ela máis ocorre, para