Esquizofreniasubtipo disociativo. Identificación y caracterización

  1. Justo Alonso, Ania
Dirixida por:
  1. Alicia Risso Co-director
  2. Ana Isabel González Vázquez Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 20 de abril de 2018

Tribunal:
  1. Alfonso Barca Lozano Presidente/a
  2. Antonio López Castedo Secretario/a
  3. Concepción San Luis Costas Vogal
Departamento:
  1. Psicoloxía

Tipo: Tese

Teseo: 545453 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Os constructos de esquizofrenia e disociación estiveron relacionados desde a súa definición, e ambas áreas atravesaron periodos de apego e desapego ó longo da historia. O estudio conxunto de ambos fenómenos ten relevancia para a diagnose diferencial destos trastornos, para discriminar a súa posible potenciación e potenciais factores etiopatolóxicos comúns, pero por riba de todo para planificar intervencións terapéuticas máis específicas en función dos perfís sintomáticos en doentes esquizofrénicos. A identificación e caracterización dun subgrupo con elevados niveis de disociación, imprescindible para avanzar na comprensión destes fenómenos, non fora abordado ata esta data dunha maneira global, nin a nivel clínico nin psicopatolóxico. De cara a avaliar doentes con distintos niveis de gravidade e perfís funcionais, os suxeitos foron recrutados en varios dispositivos asistenciais. En total, a mostra está formada por 123 doentes que foran diagnosticados dalgún subtipo de esquizofrenia. Os resultados indican que existe un subgrupo con niveis maiores de disociación e con características diferenciais clínicas e psicopatolóxicas, que denominamos esquizofrenia subtipo disociativo. Este subgrupo atópase representado en todo o espectro esquizofrénico, se ben predomina nos dispositivos que atenden a doentes cunha maior refractariedade.