Eficiencia portuaria y modelos de gobernanza
- López Bermúdez, Beatriz
- María Jesús Freire Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 05 de abril de 2018
- Fernando González Laxe Presidente
- Adán Vega Sáenz Secretario/a
- José Manuel Montes Peón Vogal
Tipo: Tese
Resumo
O transporte marítimo está fortemente influenciado pola evolución da economía e o comercio mundial. A actividade industrial, a producción económica, o comercio de mercadorías e o transporte marítimo, crecen a diferentes velocidades, pero, en definitiva todos estes factores dependen da evolución da economía mundial. Por outra banda, o desempeño loxístico é un dos factores claves no comercio internacional, xa que, as economías con un maior nivel de desenvolvemento loxístico crecen máis rápido, e por tanto son máis competitivas e eficientes. O interese do tema radica en que permite avaliar a conveniencia de levar a cabo novos investimentos en infraestructuras e instalacións portuarias que melloren as condicións de vida da poboación e que acrecenten a eficiencia dos portos. Nesta tese de doutoramento estimanse dous modelos. No primeiro, estúdanse os efectos sobre o PIB per cápita de cambios no transporte marítimo contenerizado e nun conxunto de variables socio-económicas dos países analizados utilizando datos panel e realizando as estimacións pertinentes (efectos fixos e erros estándar correxidos para panel). Este estudo revela que o movemento de mercadoría conteneriza presenta un impacto positivo no crecemento do PIB per cápita (en Poder de Paridade Adquisitivo expresado en dólares constantes de 2011). O segundo modelo empregado é unha análise de fronteira esotcástica, na que se analizan os efectos provocados pola existencia de guindastres pórtico e mobeis como factores determinantes de ineficiencia portuaria, e calculase a eficiencia técnica de cada porto. Ademáis, introdúcese dentro da función fronteira variables como a frecuencia de escalas ou os sistemas de gobernanza. O novedoso da análise levada a cabo nesta tese de doutoramento diferénciase dos traballos realizados até a data, na área xeográfica seleccionada, na elección do período temporal, en centrar o estudo na mercadoría contenerizada, na especificación dos tipos de guindastres utilizados e, por último, na introducción dos tratados e da gobernanza portuaria.