Development of new materials based on polymeric reinforced and self-reinforced biocomposites from natural resources

  1. Malmir, S.
Dirixida por:
  1. Luis Barral Co-director
  2. Rebeca Bouza Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de febreiro de 2018

Tribunal:
  1. Marián Gómez-Fatou Rodríguez Presidente/a
  2. Joaquín López Secretario
  3. Birgit Andrea Bittman Vogal
Departamento:
  1. Física e Ciencias da Terra

Tipo: Tese

Teseo: 537994 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente tese centrouse no desenvolvemento e estudo de biocomposites poliméricos biodegradables obtidos de recursos naturais para a industria do envase e embalaxe de alimentos. Foron utilizados dous tipos de matrices de biopolímeros, poli (3-hidroxibutirato-co-3-hidroxivalerato) (PHBV) e almidón de pataca e dous tipos de recheo, nanocristais de celulosa (CNC) e micropartículas de PHBV. Os recheos foron introducidos nas matrices con diferentes métodos, incluido cast film, mestura en fundido e extrusión. A este respeto, aplicáronse dous enfoques de reforzo e auto-reforzo. Desenvolvéronse tres composicións diferentes: PHBV/CNC e almidón/micropartículas de PHBV no enfoque de reforzo e PHBV/micropartículas de PHBV no enfoque de auto-reforzo. O obxectivo principal foi producir biocomposites con propiedades térmicas, mecánicas e morfolóxicas modificadas e tamén con maior cristalinidade e propiedades barreira. En todos os casos, o recheo actuou como axente nucleante dentro da matriz. Consecuentemente, obtivéronse biocomposites con propiedades melloradas que fan que estes materiais ecolóxicos sexan bos candidatos para aplicacións de envase e embalaxe.