Relación entre conflicto interparental, bienestar del niño y clima familiaruna comparación entre padres/madres oyentes con hijos sordos y con hijos oyentes

  1. Dubra, María del Mar
Dirixida por:
  1. Silvia López-Larrosa Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 20 de decembro de 2017

Tribunal:
  1. Ana Martínez Pampliega Presidente/a
  2. Manuel Peralbo Secretario
  3. Kathleen P. McCoy Vogal
Departamento:
  1. Psicoloxía

Tipo: Tese

Teseo: 526614 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A teoría da seguridade emocional (EST) (Cummings & Davies, 2010; Davies & Cummings, 1994) explica que os fillos necesitan percibir o seu contexto familiar e a relación de seus pais como unha base segura. Do contrario, demostrouse que poden manifestar tanto problemas de internalización como de externalización. Esta teoría centrouse, ata hoxe, en familias nas que os fillos non presentan necesidades específicas, sen chegar a estudar familias nas que o fillo ten, por exemplo, unha dificultade auditiva. Por iso, este traballo procura saber se, nas familias en que o neno ten unha discapacidade auditiva, a sua seguridade emocional, o benestar dos membros da familia, o clima familiar, e o conflito parental son diferentes en comparación con familias con fillos oíntes. A mostra compónse de 40 familias nas que participa o pas, a nái e un fillo/filla adolescente de entre 11 e 17 anos (M = 14.03; SD = 1.96), dos cales 20 eran rapaces oíntes e 20 tiñan dificultades auditivas. Os instrumentos utilizados foron: SIFS (Security in the Family System Scale, Forman & Davies, 2005), SDQ (Strengths and Difficulties Questionnaire, Goodman, 1997), CPIC (The Children’s perception of interparental conflict scale, Grych, Seid & Fincham, 1992; Martínez-Pampliega, 2008), FES (Family Environment Scale, Moos, 1981), HADS (The Hospital Anxiety and Depression Scale, Zigmond & Snaith, 1983), CPS (Conflict and problem-solving, Kerig, 1996), e CIS (Conflict in the interparental system – observational coding, Cummings, Cummings, Goeke-Morey, Du Rocher, & Cummings, 2006a; Cummings & Davies, 2010). O primeiro avalía a percepción de seguridade, preocupación e desvinculación dos rapaces respecto ao seu sistema familiar. O segundo mide o seu estado de estrés xeral así como as capacidades e dificultades que poden ter en diferentes áreas do desenvolvemento. O terceiro avalía a súa percepción do conflito interparental a través de variables como a intensidade, a frecuencia, a estabilidade do conflito, a eficacia de afrontamento ou a ameaza percibida, entre outras- FES valora o clima familiar dende a visión dos pais. HADS mide os niveis de ansiedade y depresión dos pais. CPS mide a percepción que os pais teñen de seus conflitos. CIS permite avaliar as condutas e as emocións observadas que son significativas no estudo do impacto do conflito marital nos fillos (Cummings, Goeke-Morey & Papp, 2003; Cummings, Goeke-Morey, Papp, & Dukewich, 2002). En xeral, os resultados apuntan cara unha conceptualización adaptativa da discapacidade no funcionamento familiar ademais de confirmar o impacto dos conflitos interparentais sobre os fillos, aínda que non teñan discapacidade. Non se atoparon diferenzas no clima xeral da familia, a saúde mental dos pais/nais, a percepción que os nenos teñen do conflito interparental, e o grao de construtividade/destrutividade de conflito entre familias con nenos oíntes en comparación con familias con nenos xordos. Sen embargo, aquelas con fillos xordos sí tiveron menores puntuacións en orientación ó estudo ou o laboral; e os fillos xordos sí presentaron peor benestar xeral, e unha maior desvinculación que os oíntes. Estes resultados transcenden a aplicabilidade da EST á mostras comunitarias con e/ou sen dificultade auditiva realzando a relación que existe entre o benestar dos adolescentes e o conflito marital.