Synthesis and characterization of nano and microparticles of biopolymers for food packaging applications

  1. Farrag, Yousof
Dirixida por:
  1. Luis Barral Co-director
  2. Rebeca Bouza Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 01 de febreiro de 2018

Tribunal:
  1. Gary James Ellis Presidente/a
  2. María Carmen Ramírez Gómez Secretaria
  3. Francisca Lago Paz Vogal
Departamento:
  1. Física e Ciencias da Terra

Tipo: Tese

Teseo: 534415 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O obxectivo desta tese é a preparación e caracterización de nano e micropartículas de biopolímeros para o seu uso en envases e embalaxes alimentarios convencionais e activos. Seleccionáronse dous biopolímeros: Poli(3-hidroxibutiratoco- 3-hidroxivalerato (PHBV) e amidón. No caso do PHBV, os resultados amosaron partículas esféricas e porosas cunha ampla variedade na distribución de tamaños en función da técnica utilizada e as condicións de preparación. Tamén, utilizáronse amidóns de orixes botánicas diferentes na preparación das nanopartículas, tanto as de só amidón como as de amidón cargado con quercetina. A capacidade de carga, o perfil de liberación e o cambio na actividade antioxidante da quercetina varía segundo a orixe do amidón. Ademais preparáronse micropartículas coa forma de donut de dous amidóns de orixe botánica diferente para o seu uso como recheo en filmes de amidóns termoplásticos TPS. Estes amosaron mellor estabilidade térmica e menores taxas de transmisión de vapor de auga e osíxeno. Estas micropartículas usáronse tamén como portadores de quercetina dentro dos filmes de TPS. As nano e micropartículas producidas proporcionan moitas posibilidades de mellora de algunha das propiedades dos biofilmes empregados na industria do envase e embalaxe alimentario, conferíndolles capacidade de liberación de compostos activos durante períodos razoables de tempo.