Estudio comparativo del efecto de un protocolo de fisioterapia en piscina versus sala en mujeres con fibromialgia

  1. Rivas Neira, Sabela
Dirixida por:
  1. Jamile Vivas Co-director
  2. Ramón Fernández Cervantes Co-director
  3. Amelia Pasqual Marques Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 19 de setembro de 2017

Tribunal:
  1. Celso Ricardo Fernandes Carvalho Presidente/a
  2. Beatriz Rodríguez Romero Secretaria
  3. Luisa María dos Reis Pedro Vogal
Departamento:
  1. Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas

Tipo: Tese

Teseo: 505574 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O obxectivo foi determinar a eficacia dun protocolo de fisioterapia en auga vs. sala en mulleres con fibromialxia para a mellora do equilibrio e diminución da dor. Realizouse un ensaio clínico controlado aleatorizado simple cego con 40 mulleres asignadas a dous grupos de intervención: terapia acuática (n=20) e terapia en sala (grupo control, n=20). Realizáronse un total de 36 sesións, cunha duración de 60 minutos. Determinouse, mediante instrumentos validados, a intensidade da dor, o limiar da dor á presión, o equilibrio estático, dinámico e funcional, o número de caídas, a autoconfianza no equilibrio, a calidade de vida, a fatiga, a calidade do sono e a capacidade física, nos momentos: basal, aos 3 meses e ás 6 semanas de seguimento. Os grupos foron comparables nas variábeis sociodemogáficas e clínicas no momento basal. Ambos protocolos resultaron beneficiosos en todos os parámetros avaliados. Ao comparar as intervencións, a terapia acuática foi máis efectiva que a terapia en sala na calidade do sono e intensidade da dor ás 6 semanas de seguimento. Os efectos terapéuticos conseguidos ao finalizar o período de intervención mantivéronse máis a longo prazo no grupo de terapia acuática.