La gestión del agua y su influencia en la construcción del territorio
- Joaquín Fernández Madrid Director
- Albert Cuchí Burgos Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 07 de setembro de 2017
- José Fariña Tojo Presidente/a
- Amparo Casares-Gallego Secretaria
- Felipe Criado Boado Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A auga, fonte de vida, é o elemento máis importante para comprender as paisaxes culturais. A sua necesaria movilización mediante o empleo da gravedade conforma territorios mediante un sabio manexo. O ser humano foi capaz de xerar paisaxes habitables e revertir as orixinais condicións negativas naturais en positivas, planteando técnicas de xestión e de funcionamento moi próximas ó ciclo da auga e á natureza. Estudiar estas técnicas descubre as aldeas como “espacios hidráulicos” que manexan a auga do seu territorio. Ponse de relevo un sistema complexo, absolutamente medido e construido segundo a estricta disciplina da auga, xestionado en “man común” desde o “casal”, célula base da comunidade. As distintas unidades hidráulicas articulanse entre sí, sempre coa preminencia das situadas augas arriba de maneira que as situadas augas abaixo veranse beneficiadas dos “reboses”, nun conxunto coherente onde os distintos elementos, presas e levada acoplanse entre sí de maneira que a auga está en continuo movemento e uso: “a auga non durme”. Con esta lóxica crearonse sistemas que permiten adaptarse á variabilidade da natureza utilizando o recurso hídrico como un proceso no que interven o ser humano. Lecturas que permiten non só entender históricamente un modo de ocupación, senon que revelan un coñecemento riquísimo das condicións locais e dan información para o desenrolo de novas técnicas que incorporen estes sabios principios.