Nuevos compuestos citotóxicos de esponjas de Indonesia con naturaleza estructural diversauso de técnicas avanzadas en la determinación de su estereoquímica relativa y absoluta
- Tarazona Ramos, Guillermo
- Rogelio Fernández Rodríguez Co-director
- Jaime Rodríguez Co-director
- Carlos Jiménez Co-director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 28 de xullo de 2017
- Rosana Álvarez Rodríguez Presidente/a
- José Fernando Reyes Benítez Secretario/a
- Ana Azucena González Coloma Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A memoria que se presenta a continuación describe o estudo de seis esponxas procedentes de Indonesia das cales se obtiveron seis novas familias de compostos con actividade citotóxica. Cabe destacar como parte máis nova de esta tese doutoral, que a aproximación á elucidación estrutural das novas entidades illadas apoiouse na utilización conxunta de técnicas de resonancia magnética nuclear xunto con cálculos computacionales baseados na teoría de funcionais de densidade (DFT). No Capítulo I, a modo de introdución ponse en perspectiva o estado actual dos produtos naturais de orixe mariña que están a ser desenvolvidos pola industria farmacéutica como fármacos nos diferentes mercados clínicos. Tamén se describe a estado da arte das diferentes técnicas utilizadas na determinación da estrutura dos compostos illados, poñéndose unha maior énfase no estudo da estereoquímica relativa ou absoluta. Estas técnicas serán utilizadas nos posteriores capítulos para a resolución da estrutura tridimensional dos novos compostos descritos. Co fin de axilizar a lectura e que esta non resulte repetitiva, finalmente esquematízase os diferentes procesos de separación e illamento aos que foron sometidos todos os extractos das esponxas estudadas e que deron lugar aos compostos illados. No Capítulo II descríbese o estudo da esponxa Hexadella sp. da cal illouse un derivado citotóxico de bromotirosinas ao que chamamos anomoian B. O Capítulo III describe o estudo da asociación de esponxas Jaspis sp. e Bubaris sp. de onde illouse un novo derivado activo bromado ao que denominamos aplyzanzine B. Neste capítulo detállase o mecanismo de acción deste novo metabolito xunto ao anomian B descrito no capítulo anterior. No Capítulo IV estudouse a esponxa Theonella sp. da cal illouse un novo composto natural, o ácido lanesoico, que presenta un esqueleto inusual de tetrahidropirimidina, combinado coa natureza de zwitteriónica da súa estrutura. O Capítulo V recolle o illamento de novos análogos da familia dos enigmazoles a partir da esponxa da familia das Neopeltidae. Neste caso a utilización de diferentes derivatizaciones químicas foi clave para a resolución da estereoquímica destes compostos con actividade citotóxica. No Capítulo VI descríbese o illamento das halioxepines A, B e C a partir da esponxa Haliclona (Reniera) sp., sendo necesario recorrer a cálculos computacionales para relacionar os diferentes estereoclusters presentes nas tres moléculas. Por último, no Capítulo VII descríbese o illamento dun novo péptido cíclico gunungamide A e de como se pode aplicar a análise configuracional baseado en constantes de acloplamento xunto co método avanzado de Marfey para facilitar a resolución da súa estereoquímica tanto relativa como absoluta dos aminoácidos presentes no esqueleto peptídico do composto. Esta nova metodoloxía combinada aplicouse tamén ao composto coñecido stellatolide A