Software product line for web-based geographic information systems

  1. Cortiñas Álvarez, Alejandro
Dirixida por:
  1. Miguel Rodríguez Luaces Co-director
  2. Oscar Pedreira Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 26 de xullo de 2017

Tribunal:
  1. Nieves R. Brisaboa Presidenta
  2. María José Escalona Cuaresma Secretario/a
  3. Gilberto Gutiérrez Retamal Vogal
Departamento:
  1. Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información

Tipo: Tese

Teseo: 494905 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A enxeñería de liñas de produto software (LPS) é un campo de investigación que pretende industrializar o desenvolvemento de software usando técnicas como a producción e customización en masa, ou a reutilización de componentes software. Un sistema de información xeográfica (SIX) é un sistema de información que traballa, de algún modo, con información de carácter xeográfico. Aínda que cada SIX utilízase nun área en particular, existen moitas características comúns a todos eles. Ademáis, levouse a cabo unha forte estandarización de xeito que a maior parte dos componentes software SIX son interoperables. Polo tanto, a aplicación da inxeñería de LPS neste dominio é un problema factible e interesante. Aplicar enxeñería de LPS a un novo dominio é un proceso complexo e, para garantizar a validez do deseño final da LPS e a súa evolución, é importante seguir de maneira estricta unha metodoloxía adecuada ao dominio concreto. Tendo en conta que non existe ningunha metodoloxía adecuada para o contexto do noso traballo (é dicir, aplicacións SIX baseadas na web desenvoltas nunha compañía de desarrollo de software con varios productos no mercado), decidimos combinar varias metodoloxías existentes e extender o seu alcance con determinadas tarefas que servirán para sacar o máximo aproveitamento ao noso contexto. Tras a definición da nosa LPS seguindo esta metodoloxía, encontramos que as técnicas tradicionais para implementar LPS non son axeitadas para o noso dominio, debido ás particularidades e requerimentos no desenvolvemento de aplicacións SIX basadas na web. Polo tanto deseñamos e implementamos un novo motor de derivación para a xeración automática de software que mantén as formalidades das LPS pero, ó mesmo tempo, proporciona un novo grado de flexibilidade grazas ó uso dunha coñecida técnica industrial: scaffolding.