The assumption of prospective responsibility in corporate social responsibility discourse from the garment industrya methodological proposal and discourse analysis of mechanisms for expressing responsibility assumption in CSR reports of some transnational clothing companies

  1. Müller, Catharina
Dirixida por:
  1. Celso Álvarez Cáccamo Co-director
  2. Manuel Fernández Ferreiro Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 20 de xullo de 2017

Tribunal:
  1. Marina Bondi Presidente/a
  2. Begoña Crespo Secretaria
  3. Gloria Álvarez Benito Vogal
Departamento:
  1. Letras

Tipo: Tese

Teseo: 491990 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A práctica da Responsabilidade Social Corporativa (RSC) ten sido descrita como un exercicio de (auto)lexitimación na sociedade por parte das corporacións. O presente estudo crítico do discurso da RSC céntrase nos informes dalgunhas empresas transnacionais da industria téxtil, e o seu obxectivo é descubrir se se utilizan certos mecanismos e contidos discursivos que axudan a desvincular a corporación das súas responsabilidades, definidas estas dentro do ámbito da RSC. Co fin de dispoñer dunha ferramenta de análise, desenvólvese e aplícase un método innovador que incorpora un sistema de codificación en cinco pasos. O interese principal céntrase nos enunciados prospectivos dos informes da RSC. Estes enunciados analízanse atendendo a: (i) o tema da RSC que tratan; (ii) o actor social que é presentado como responsable e a súa representación lingüística; e (iii) a forza coa que a corporación asume a súa responsabilidade. Ao aplicarmos este método nun corpus recoñecido de informes de RSC, atópanse patróns discursivos nos que os mecanismos de vinculación utilízanse para quen é presentado como actor social responsable, mentres que os mecanismos de desvinculación afectan aos provedores de insumos, á representación lingüística dos actores sociais e aos poucos casos nos que se asume explicitamente a responsabilidade. Ao examinarmos os resultados da análise discursiva no seu contexto social, entendemos mellor cómo a corporación logrou ser unha institución actualmente dominante.