Aspectos sociales y de salud como determinantes del estado nutricional y calidad de vida de las personas mayores

  1. Diego Díez, Clara
Dirigida por:
  1. José Carlos Millán-Calenti Codirector
  2. Ana Maseda Codirectora

Universidad de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 30 de junio de 2017

Tribunal:
  1. Constança Paúl Presidente/a
  2. Gerardo Hernández Rodríguez Secretario/a
  3. Alberto Veira Ramos Vocal
Departamento:
  1. Fisioterapia, Medicina y Ciencias Biomédicas

Tipo: Tesis

Teseo: 485554 DIALNET lock_openRUC editor

Resumen

A nutrición e a calidade de vida son aspectos que se avaliaron principalmente en persoas maiores institucionalizadas. Son escasas as investigacións realizadas en mostras grandes e representativas de persoas maiores que residen na comunidade. O obxectivo do presente estudo foi determinar o efecto do estado de saúde sobre o estado nutricional e a calidade de vida das persoas maiores, así coma estimar a prevalencia do deterioro cognitivo en poboacións urbanas e rurais. Realizouse un estudo transversal, enmarcado dentro do proxecto VERISAÚDE, sobre unha mostra de 749 persoas, representativa da poboación maior de Galicia. A área de residencia (urbano vs. rural) non se relacionou de forma significativa co deterioro cognitivo; sen embargo, ter unha profesión que necesitará un nivel de habilidade maior asociouse cun menor deterioro cognitivo. A presenza de sobrepeso ou obesidade, os síntomas depresivos, a polifarmacia (uso de cinco ou máis medicamentos), a presenza de pre-fraxilidade ou fraxilidade e unha mala saúde auto-percibida asociouse con malnutrición ou risco de padecela. Os mellores predictores de malnutrición/risco de malnutrición en mulleres foron a polifarmacia e a mala saúde auto-percibida, en cambio para os homes foron o sobrepeso ou obesidade, a sintomatoloxía depresiva e a polifarmacia. Por outra banda, en persoas maiores que cumprían un ou dous criterios de pre-fraxilidade a sintomatoloxía depresiva foi o principal determinante da mala calidade de vida en todas as áreas do cuestionario abreviado de calidade de vida da Organización Mundial da Saúde (WHOQOL-BREF). A idade só se asociou con mala saúde auto-percibida, o sexo feminino e o baixo nivel educativo relacionáronse cunha baixa calidade de vida física e unha mala autoavaliación da saúde, respectivamente, pero só en adultos maiores que cumprían cun criterio de fraxilidade.