Piratería marítima en el Golfo de Guineael conflicto del Delta del Níger como detonante de su génesis y evolución

  1. Cao Feijóo, Genaro
Dirigida por:
  1. Santiago Iglesias-Baniela Director/a

Universidad de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 06 de julio de 2017

Tribunal:
  1. Daniel García Gómez de Barreda Presidente/a
  2. José Carbia Secretario
  3. Antonio J. Poleo Mora Vocal

Tipo: Tesis

Teseo: 471713 DIALNET lock_openRUC editor

Resumen

A pirataría marítima no golfo de Guinea ten o seu epicentro no Delta do Níxer. Medio século de explotación petrolífera na zona ocasionou unha degradación medioambiental, limitando o modo de vida dos seus habitantes. Esta circunstancia, engadida ó reparto desigual da riqueza, contribuíu ó crecente malestar entre os estados nixerianos do Delta, orixinándose unha insurrección que aproveitou as características da zona, despregándose no medio fluvial e marítimo. Ademais, este escenario alberga o roubo de cru dos buques, para a súa venta no mercado negro. A presente Tese trata da análise da actividade pirática no Golfo relacionándoa co resto de actos ilegais de violencia na mar que caen fóra do concepto xurídico internacional da pirataría, como o terrorismo marítimo. Para iso resultou necesario un estudo do contexto delituoso, abranguendo a escolla do obxectivo, modus operandi, zonas marítimas e finalidade dos ataques. Tras delimitar a tarefa investigadora e como consecuencia final do traballo ó longo do tempo para levala a cabo, finalmente formúlanse conclusións que tentan achegar dun xeito fundamentado unha visión contemporánea do problema propondo, así mesmo, posíbeis medidas que poidan contribuír a paliar a súa xénese e desenvolvemento