La política educativa del gobierno de la revolución ciudadana (2007-2017) y la gobernanza corporativa de la educación de corte filantrópico
- GIL GESTO, MARIA ISABEL
- Jurjo Torres Santomé Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 05 de xuño de 2018
- Javier Marrero Acosta Presidente/a
- Ana Sánchez-Bello Secretaria
- Rosa María Vázquez Recio Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A presente investigación permite inferir que en Ecuador, durante o goberno da Revolución Cidadá (2007-2017), conformouse unha gobernanza da educación pública baseada na interacción entre organismos públicos, o sector privado e a sociedade civil, en tanto un proceso de experimentación regulatoria neoliberal que envolve a política educativa do proxecto político da Revolución Cidadá; proxecto que nace, precisamente, como proposta política postneoliberal. Sostemos que se produce unha percolación cultural por parte do mercado (López Rey, 2006, p.60) nun ámbito totalmente alleio, como é a educación pública, a través de procesos endóxenos e exógenos de privatización. Pero, sobre todo, detectamos procesos privatizadores a raíz da interacción estratéxica de actores emerxentes, non necesariamente educativos, como a banca do desenvolvemento, as principais familias empresarias do país (a través dos seus grupos económicos e fundacións corporativas) así como outras organizacións da sociedade civil que inciden, actúan e presionan na xestión e toma de decisións en educación desde a caridade capitalista. Confónnase unha sorte de "gobernanza corporativa de corte filantrópico" da educación pública, a pesar de atopar forte resistencia social e ofrecer certa contención limitada (da privatización) por parte do proxecto político da Revolución Cidadá, percolado igualmente pola matriz do mercado.