Estudo sobre a asociación entre a calidade de vida relacionada coa sáude, a acitivade física e outros hábitos, na comunidade do sistema universitario de Galicia

  1. Cadarso Suárez, Alexandre
Dirigida por:
  1. Xurxo Dopico Calvo Director
  2. Francisco Gude Sampedro Director/a

Universidad de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 16 de noviembre de 2018

Tribunal:
  1. Carlos Pablos Abella Presidente/a
  2. José Luis Tuimil Secretario
  3. José Manuel García García Vocal
Departamento:
  1. Educación Física y Deportiva

Tipo: Tesis

Teseo: 574916 DIALNET lock_openRUC editor

Resumen

Tendo en conta todos os aspectos beneficiosos que reportan os estilos de vida saúdables para unha comunidade, o principal obxectivo deste estudo foi identificar o nivel de actividade física, o grao de obesidade e adherencia á dieta mediterránea, o consumo de alcohol e tabaco, así como a súa asociación sobre a calidade de vida relacionada coa saúde na comunidade universitaria de Galicia, durante o curso académico 2014/15, co fin de establecer propostas que tendan a mellorar os seus hábitos. O tamaño total da mostra foi de 1.016 participantes (439 estudantes, 259 PDI e 318 PAS) de ambos sexos. Os resultados foron extraídos grazas á aplicación dos cuestionarios IPAQ, Test Kidmed, SF-12, e un test de tabaco e alcohol, para medir nivel de actividade física, o grao de adherencia á dieta mediterránea, a saúde física e mental, e identificar o consumo de alcohol e tabaco, respectivamente. Todos os universitarios participaron voluntariamente, cumprindo os criterios da Declaración de Helsinki. A comunidade universitaria amosa uns estilos de vida inadecuados, con prevalencias altas en Sobrepeso, Obesidade e Sedentarismo, que aumentan progresivamente coa idade; e consumos altos de Tabaco e Alcohol. Estes resultados non se desvían de forma importante ao dos hábitos da poboación española. Na Dieta Mediterránea, o PDI e PAS, reflicten moi boa adherencia, non así os Estudantes que a súa adherencia foi moi baixa. Toda a comunidade universitaria ten unha valoración da percepción da súa saúde bastante alta (80-90%) en ambos sexos, e presenta valores da CVRS, tanto Física como Mental, similares aos da poboación española. Atopamos que a Obesidade e a Actividade Física están asociados coa CVRS, non así co consumo de Tabaco e a Adherencia á Dieta Mediterránea, sendo de dificil interpretación a asociación co consumo de alcohol. Conclúese acerca da necesidade de modificar os hábitos da dieta, consumo de tabaco e de alcohol a padróns máis saludables; e suxerir un modelo de fomento da actividade física no contexto educativo universitario.