Effect of the set configuration of resistance exercise on cardiovascular control and perceived exertioninteraction with the type of exercise

  1. Mayo, Xián
Dirixida por:
  1. Miguel Ángel Fernández del Olmo Director
  2. Eliseo Iglesias-Soler Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 21 de xuño de 2016

Tribunal:
  1. Fernando Naclerio Ayllón Presidente/a
  2. Manuel Avelino Giráldez García Secretario
  3. Luis María Alegre Durán Vogal
Departamento:
  1. Educación Física e Deportiva

Tipo: Tese

Teseo: 424313 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Despois dunha sesión de forza, hai unha redución do control vagal cardíaco e da sensibilidade barorreflexa, e unha disminución da presión arterial, que poden ter unha relevancia clínica. Esta tese presenta tres estudos no que se exploran a interacción entre a configuración da serie e o tipo de exercicio no control parasimpático cardíaco, a presión arterial e o esforzo percibido. Para isto, testáronse series máximas e submáximas con varios tipos de exercicio con diferente masa muscular implicada. Os resultados indicaron que as series máis longas producen unha retirada parasimpática e un esforzo percibido maior que as series máis curtas. Ademáis, as series curtas cun deseño de descanso entre repeticións poden non producir unha redución do control autónomo cardíaco. As series submáximas non produciron unha redución da presión arterial pero unha serie longa ata o fallo muscular a produxo, independentemente do tipo de exercicio realizado. Por último, o efecto da configuración da serie no control autónomo e o esforzo percibo foi dependente do tipo de exercicio realizado, con efectos diferentes dependendo da masa muscular do exercicio involucrado e da configuración da serie utilizada. Isto suxire que a prescripción de forza a través da configuración da serie pode ter aplicacións prácticas no adestramento, permitindo controlar a redución do control parasimpático cardíaco e a aparición da hipotensión postexercicio, e modulando o esforzo percibido.