A multidimensional analysis of late Modern English scientific texts from the "Coruña Corpus"

  1. Mónaco, Leida María
Dirixida por:
  1. Isabel Moskowich Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 07 de xuño de 2017

Tribunal:
  1. Julia Lavid López Presidente/a
  2. Begoña Crespo Secretaria
  3. Victorina González Díaz Vogal
Departamento:
  1. Letras

Tipo: Tese

Teseo: 480573 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Os séculos XVIII e XIX constitúen un periodo crucial no desenvolvemento do inglés como lingua da ciencia e a conseguinte formación dun “inglés científico”. Ó longo de dito periodo, cada disciplina científica e cada xénero utilizado para a súa transmisión na escritura, tanto con fins profesionais coma didácticos, desenvolveron o seu propio rexistro, chegando a formar o hoxe en día chamado “rexistro científico” que, a pesar de conter características comúns para todas as ciencias, presenta unha importante variación interna. O obxectivo principal desta tese de doutoramento é estudar tanto a variación como o cambio lingüísticos en textos pertencentes a tres disciplinas científicas (astronomía, filosofía e ciencias da vida), publicados por autores anglofalantes entre 1700 e 1900, e que forman parte do Coruña Corpus of English Scientific Writing, o corpus electrónico compilado polo grupo de investigación MuStE na Universidade da Coruña. A metodoloxía utilizada neste estudo consiste, por unha banda, na utilización de programas de concordancia, tales como Coruña Corpus Tool e CQPWeb, para a recuperación de diversas categorías léxicas e gramaticáis no corpus e, tras unha exhaustiva desambiguación manual, do reconto das súas frecuencias de aparición en cada un dos textos; e, por outra banda, no emprego dunha técnica estadística multivariada, a análise factorial, para poder observar dimensións de variación das distintas disciplinas científicas entre elas e ó longo do tempo. Dita metodoloxía segue o método utilizado na análise multidimensional (Multidimensional Analysis) de Biber (1988), que se empregou en distintos estudos de variación intertextual ó longo dos últimos vintesete anos.