Infección por el Virus de la Hepatitis C en la era de los antivirales de acción directaoptimización del diagnóstico, tratamiento y progresión de la enfermedad
- Tabernilla García, Andrés
- Eva Poveda López Director/a
- Ángeles Castro Iglesias Codirectora
Universidad de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 06 de junio de 2019
- Antonio Aguilera Guirao Presidente/a
- Javier de Toro Santos Secretario
- Diana Valverde Pérez Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
A infección polo Virus da Hepatite C (VHC) é un problema grave de saúde pública a escala mundial que afecta a máis de 71 millóns de persoas en todo o mundo. A infección por VHC caracterízase pola acumulación progresiva de fibrose hepática que, en estadios finais da enfermidade, conduce ao desenvolvemento de cirrosis e carcinoma hepatocelular. A introdución dos antivirais de acción directa (AADs) marcou un fito na historia do tratamento fronte ao VHC, ao permitir alcanzar taxas de resposta viral sostida (RVS) superiores ao 90%, facendo cada vez máis plausible a erradicación da infección. Con todo, neste novo escenario terapéutico segue sendo necesaria unha optimización tanto dos tratamentos como da súa monitoraxe, así como a procura de marcadores que permitan identificar poboacións con maior risco de progresión da enfermidade. Ademais, cabe destacar que, a pesar da alta eficacia dos AADs, estímase que un 80% da infección por VHC a nivel mundial continua sen ser diagnosticada, polo que se require da implementación e optimización de programas de cribado activos que permitan identificar aquelas persoas infectadas polo VHC. Neste contexto os obxectivos deste traballo foron, en primeiro lugar, caracterizar e avaliar o impacto dos haplogrupos europeos de ADN mitocondrial na evolución clínica da infección polo VHC. En segundo lugar, analizar e describir a dinámica viral e a súa utilidade na optimización da duración e monitoraxe dos tratamentos baseados en AADs. O último dos obxectivos baseouse no desenvolvemento dun programa de cribado, co fin de identificar posibles infeccións non diagnosticada e estudar a seroprevalencia do VHC na cidade da Coruña. Os resultados obtidos mostraron unha asociación entre a fibrose hepática e os haplogrupos europeos de ADN mitocondrial, poñendo de manifesto a súa posible utilidade como marcadores de progresión do dano hepático. En relación á dinámica viral nos réximes baseados en AADs, observouse unha caída bifásica da carga viral do VHC, caracterizada por un rápido descenso nos primeiros días de tratamento. Ademais, a pesar de que a proporción de pacientes con cargas virales indetectables a semana 4 e 8 foi baixa, todos alcanzaron RVS. Estes resultados suxiren a necesidade de re-avaliar as regras de monitoraxe da carga viral no contexto das novas terapias con AADs, así como a duración das mesmas. Finalmente, a realización do programa de cribado mostrou que a seroprevalencia da infección por VHC en suxeitos nados entre 1960-1969 foi do 2,05% e que tan só o 29,8% da poboación contaba con probas serolóxicas previas. A prevalencia de infección por VHC en persoas que descoñecían o seu estado serolóxico foi do 0,26%. Os resultados obtidos permitiron mellorar o coñecemento da epidemioloxía da infección polo VHC na cidade da Coruña e deberían de ser considerados á hora de implementar futuras estratexias de cribado en busca da erradicación da infección polo VHC en España.