Creación e transformacións da cidade litoralMoaña, 1950-1987. Política, urbanismo, vivenda e sociedade

  1. Pérez Rúa, Manuel
Supervised by:
  1. Ramón Villares Paz Director

Defence university: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 17 July 2018

Committee:
  1. Lourenzo Fernández Prieto Chair
  2. José María Cardesín Díaz Secretary
  3. Rosa García Orellán Committee member

Type: Thesis

Abstract

Utilizando como marco unha primeira e curta investigación sobre o mesmo lugar onde se aportan reflexións sobre a decadencia do centro tradicional e a conformación do novo núcleo urbano litoral a partir de 1950, a política urbanística do Concello, o nacemento do primeiro barrio urbano en 1962 e aspectos do cambio social, agora propoñémonos abordar Moaña como estudo de caso, entre 1950-1987, para poder ter unha mellor perspectiva comparada de dous períodos históricos e políticos diferenciados: a) A ditadura franquista 1950-1975 xunto coa transición política local entre 1976-1979. Este corte temporal responde ao intento de coutar a política, o urbanismo e a sociedade en tres etapas: a primeira ata o Plan de Estabilización de 1959, a segunda ata a morte do ditador e a última cos febles gobernos municipais ata a chegada da nova Corporación Municipal democrática. b) A xestión democrática entre 1979-1987: Moaña pasa a ser un concello gobernado dende a primeira hora da democracia local polo nacionalismo de esquerdas, situación minoritaria na Galicia daquela altura. Tentaremos analizar política, urbanismo e sociedade nun tempo de mudanza ideolóxica, política, urbanística e social respecto da época histórica anterior.