Análise dos Fondos Europeos para innovación rexional:Avaliación do programa FEDER-Innterconecta do Fondo Tecnolóxico para Galicia en 2007-2015
- Sande Veiga, Diego
- Xavier Vence Deza Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 17 de outubro de 2018
- Jesús López-Rodríguez Presidente
- Ángeles Pereira Sánchez Secretario/a
- Andrés Barge Gil Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Esta tese ten por obxectivo analizar o deseño e aplicación das políticas de innovación rexional dos Fondos Europeos en Galicia. O estudo parte dun enfoque estrutural e sistémico, que permitirá comprender as dinámicas do Sistema Galego de Innovación e o comportamento dos axentes relacionados con este. A través da avaliación do programa FEDER-Innterconecta do Fondo Tecnolóxico para o período 2007-2015, na que se combina a explotación e cruce de datos de diversas fontes, compróbase o impacto desta iniciativa nos principais indicadores de innovación das empresas participantes en relación ao conxunto do tecido empresarial. A interpretación dos resultados realízase co enfoque amplo adoptado na tese, dentro dun contexto de fonda crise económica.