Macrofauna bentónica da enseada de Santa Lucía (Ría de Ferrol, Galicia)Diversidade e dinámica temporal a longo prazo

  1. Cunha Veira, Xela
Dirixida por:
  1. Julio Parapar Vegas Director
  2. Victoriano Urgorri Co-director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 24 de marzo de 2017

Tribunal:
  1. Óscar García Álvarez Presidente/a
  2. María Celia Besteiro Rodríguez Secretario/a
  3. Juan Moreira Vogal

Tipo: Tese

Resumo

Dende o ano 2007 e con periodicidade bimensual, estanse a facer estudos das comunidades da macrofauna bentonica da enseada de Santa Lucia coa fin de avaliar o impacto ambiental do efluente dos ROVs da Regasificadora del Noroeste, S.A. (Reganosa) situada na marxe sur da Ria de Ferrol (NW de Galicia). Consecuentemente, disponse dunha amplisima informacion cientifica dos fondos da enseada durante un dilatado periodo de sete anos, o que permite formular con fundamento o presente proxecto de Tese, na que vaise realizar un detallado ana.J.ise da evolucion das principais comunidades macrobentónicas durante ese dilatado periodo de tempo. Ademais, da informacion das comunidades, se dispon dun amplisimo rexistro de datos dos parametros fisico-quimicos da auga e do sedimento de cada unha das mostraxes, que permitiran avaliar a diversidade e a abundancia das comunidades en funcion dos parametros abióticos e a evolución dos diferentes grupos faunisticos. 0 desenvolvemento do proxecto de Tese de Doutoramento, para o que se dispon do material de estudo, co:iiecemento, formaci6n das metodoloxias e tecnicas de estudo necesarias, formulase cos seguintes obxectivos: (1) Descrición da composici6n da fauna de invertebrados presente nos fondos sedimentarios da enseada de Santa Lucia, mediante un estudo faunistico de cada unha das especies pertencentes aos diferentes grupos zooloxicos recollidos. (2) Caracterizacion dos patrons de evolución temporal a Iongo prazo da fauna, co obxecto de contrastar a hipótese de que a sua dinamica sera de tipo estacional, tanto a nivel de comunidade como de especies. (3) Describir a dinamica poboacional das especies mais caracteristicas da comunidade, xa que en moitos casos esta informacion basica e inexistente. ( 4) Caracterizar a relación potencial entre os parametros ambientais da auga e sedimento coa composición e dinamica da comunidade. 5) Valoracion ambiental do estado de conservacion e grado de impacto nos fondos sedimentarios da enseada de Santa Lucia de acordo cos resultados acadados no presente estudo.