Diversidade e distribución dos moluscos caudofoveados das campañas oceanográficas da USC nos fondos batiais e abisais de Galicia (NW Península Ibérica)
- Pérez Señarís, Marcos
- Victoriano Urgorri Director/a
- Óscar García Álvarez Codirector/a
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 01 de octubre de 2015
- María Elsa Vázquez Otero Presidente/a
- María Celia Besteiro Rodríguez Secretario/a
- Maria Teresa Zamarro Molina Vocal
- Julio Parapar Vegas Vocal
- José Templado González Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
A presente memoria de Tese Doutoral é unha contribución ao estudo taxonómico da fauna de moluscos caudofoveados do NW de Galicia, na que foron identificados 234 exemplares, recollidos durante as Campañas Oceanográficas DIVA-ARTABRIA I 2002 e 2003, VERTIDOS 2004, A SELVA 2008, DIVA-ARTABRIA II 2008 e 2009 e MASPROGAL 2013, realizadas pola Estación de Bioloxía Mariña da Graña da Universidade de Santiago de Compostela. Aínda cos caudofoveados son un grupo zoolóxico pouco frecuente e se coñece moi pouco sobre a súa distribución e bioloxía, están presentes en tódolos fondos mariños dende a costa ata fondos abisais. Moitas especies restrínxense a unha determinada área xeográfica ou están descritas cun único exemplar a causa dos poucos estudos que se fan sobre este grupo zoolóxico. Ata a data describíronse 134 especies de caudofoveados, sendo as costas europeas atlánticas e mediterráneas xunto cas costas atlánticas e pacíficas norteamericanas unhas das rexións xeográficas mellor estudadas do mundo. Sen embargo, na Península Ibérica antes da realización desta memoria de doutoramento coñecíanse só 14 especies, das cales só 2 estaban citadas nas costas galegas, sendo unha das áreas da Península Ibérica peor estudadas en canto a moluscos caudofoveados se refire. Por isto, neste traballo abordouse o estudo de exemplares de caudofoveados recollidos nas campañas citadas anteriormente. Os resultados obtidos na memoria de doutoramento comprenden a descrición de catro nove especies para a ciencia: Chaetoderma galiciensis sp. nov., Falcidens artabrensis sp. nov., Falcidens garcialvarezi sp. nov. e Faldicens urgorrii sp. nov. da familia CHAETODERMATIDAE Ihering, 1876. Apórtanse novos datos morfolóxicos, anatómicos e bioxeográficos de cinco especies xa coñecidas: Scutopus robustus Salvini-Plawen, 1968 da familia LIMIFOSSORIDAE Salvini-Plawen, 1968; Prochaetoerma alleni (Scheltema & Ivanov, 2000), Prochaetoderma gauson (Scheltema, 1985) e Prochaetoderma iberogallicum Salvini-Plawen, 1999 da familia PROCHAETODERMATIDAE Salvini-Plawen, 1968 e Falcidens vasconiensis Salvini-Plawen, 1996 da familia CHAETODERMATIDAE. Das que dúas, S. robustus e P. gauson, son novas citas para a Península Ibérica. Finalmente, tamén se propuxo a sinonimización de Prochaetoderma boucheti Scheltema & Ivanov, 2000 con Prochaetoderma iberogallicum e realizase un inventario dos caudofoveados ibéricos. Así con esta memoria de Tese de Doutoramento amplíase notablemente o coñecemento dos caudofoveados na Península Ibérica, sobre todo nas costas de Galicia que pasa a ser a zona da península mellor estudada con 9 especies coñecidas.