Estándar técnico universal para el diseño y la fabricación de cunas de uso doméstico

  1. Sánchez Fernández, Luis R.
Dirixida por:
  1. Jose Angel Fraguela Formoso Co-director
  2. Francisco Javier Sardina López Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 15 de decembro de 2017

Tribunal:
  1. Emilio Eguía López Presidente/a
  2. Jesús Manuel Castro Romero Secretario
  3. Germán de Melo Rodríguez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 523931 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O deseño e a fabricación industrial de berces destinados tanto á importación como á exportación vese dificultado pola existencia de múltiples lexislacións nacionais e dunha ampla normativa en materia de seguridade e saúde, cuxo obxectivo é establecer os requisitos e especificacións que han de cumprir estes produtos para poder ser comercializados en cada país. Resulta evidente que esta multiplicidade de leis, regulacións e normas dificulta enormemente que un único modelo de berce poida ser comercializado, sen modificacións, simultaneamente en distintos países. Tras un exhaustivo estudo da lexislación e normativa aplicables, o presente traballo desenvolve un estándar técnico universal para o deseño e fabricación de berces de uso doméstico. Mediante a súa aplicación garántese o cumprimento de todos os requisitos de seguridade e saúde recollidos na lexislación e normativa dos países e/ou áreas xeográficas máis esixentes na materia (Unión Europea, USA, Canadá, Australia, Nova Zelandia, China, Xapón, Brasil, Hong Kong, Corea do Sur e Taiwán). Este estándar permite: - Aos deseñadores e fabricantes de berces de uso doméstico dispoñer dunha única guía de manufactura. - Aos laboratorios de ensaio especializados dispoñer dun único procedemento de análise homoxeinizado.