O manifesto no espazo públicohistoria conceptual, claves teóricas e desenvolvementos
- Arturo Casas Director/a
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 02 de febrero de 2016
- Rafael Núñez Ramos Presidente/a
- Antonio Jesús Gil González Secretario/a
- Olivia Rodríguez-González Vocal
- Cristina Jarillot Rodal Vocal
- Rosa Maria Martelo Fernandez Pereira Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
Esta tese ten como propósito analizar o funcionamento do manifesto político, literario e artístico como xénero de intervención no espazo público. Realízase unha pescuda na historia do concepto, que ofrece un panorama completo dos seus usos na linguaxe das fontes primarias e secundarias. A partir dos resultados obtidos deste traballo e da lectura crítica da bibliografía específica sobre o manifesto, identifícanse un conxunto de problemas teóricos clave que serven para propor unha definición do obxecto de estudo. Aplicada á análise dun corpus de textos políticos temperáns, a noción de resignificación subversiva de Judith Butler contribúe a botar luz sobre as orixes do manifesto moderno en tanto que proceso gradual de sucesivas iteracións de actos desviados, consistentes en apropiacións de xéneros de autoridade e de termos do discurso dominante. Por último, para explicar a complexidade enunciativa do xénero, desenvólvese unha ferramenta de análise. O modelo é válido para estudar manifestos políticos, literarios e artísticos e permite distinguir os axentes empíricos das instancias discursivas.