A resposta institucional á pobrezaLugo (1875-1905)
- SEIJO CASTRO, LUIS
- Xavier Castro Pérez Director/a
- Daniel Lanero Táboas Codirector/a
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 05 de febrero de 2016
- Lourenzo Fernández Prieto Presidente/a
- Luisa Muñoz Abeledo Secretario/a
- Margarita Vilar-Rodríguez Vocal
- Oscar J. Rodríguez Barreira Vocal
- Julio Prada Rodríguez Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
A tese de doutoramento aquí recollida contén un achegamento ó coñecemento da resposta institucional ó mundo da pobreza na cidade de Lugo durante o período que vai de 1875 ó ano 1905. A análise desa resposta leva ó estudo do funcionamento dos establecementos benéficos da cidade nese momento: a Casa Municipal de Beneficencia, O Hospital Municipal e a Casa de Maternidade e Expósitos. Cada un destes establecementos constitúe un apartado fundamental do traballo investigador. O estudo da crise de subsistencia que abarca os anos comprendidos entre 1877 e 1880 constitúe outro apartado esencial do traballo. A maneira na que se produce a resposta das institucións diante do problema que se orixina pola invasión de pobres que se produce en Lugo na primavera de 1880 é obxecto de análise nese apartado. De todo o exposto neses apartados extráense as conclusións oportunas que conforman o apartado final do traballo.