Os valores da comunicación nas entidades do terceiro sector da discapacidademediación, estratexias e tratamento nas publicacións escritas
- Acuña Rodríguez, María Teresa
- Marcelo Antonio Martínez Hermida Director
Defence university: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 04 February 2016
- Fermín Galindo Arranz Chair
- Luis Barreiro Carballal Secretary
- Raquel Martínez Buján Committee member
- Francisco Xabier Aguiar Fernández Committee member
- Antía Pérez-Caramés Committee member
Type: Thesis
Abstract
En materia de discapacidade non todo está resolto, falta moito por facer para lograr a plena inclusión das persoas con discapacidade na sociedade, eliminando as barreiras e estereotipos do pasado. Neste sentido, tanto os medios de comunicación como as entidades do Terceiro Sector da discapacidade xogan un papel determinante na activación dunha comunicación non excluínte e dende os valores encamiñada ao cambio social. Existen determinadas visións sobre as persoas con discapacidade, as cales se materializan en formas concretas de exclusión e reclusión, chegando mesmo á vulneración dos dereitos das persoas. En moitas ocasións, os medios non abordaron este fenómeno de modo que contribúa á socialización da persoa con discapacidade e á visión dende un prisma de normalidade e transversalidade que posibilite a súa participación.