O efeito do gasto público na justiça em Portugal
- Correia Jesus Silva, Natacha Alexandra
- Luis Antonio Caramés Viéitez Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 24 de febreiro de 2012
- Enrique Moldes Teo Presidente/a
- María Cadaval Sampedro Secretario/a
- Antonio Méndes Ferraz Vogal
- Carlos Pateiro-Rodríguez Vogal
- Francisco José Castelo Branco Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Este traballo subliña algúns estudios comparados sobre o sistema xudicial portugués, e versa sobre unha avaliación comparativa entre eles. No capítulo I dáse conta da contextualización europea no ámbito das diferentes abordaxes aos sistemas xudiciais. O capítulo II, salienta a importancia dunha reforma no sistema xudicial portugués, facendo fincapé nas alternativas concretas e nas resolucións levadas a cabo no país luso. Non obstante, botamos man tamén das recomendacións e resolucións da CEPEJ ¿ Comisión Europea para a Eficiencia da Xustiza- e, nalgúns casos, tamén do OPJ ¿ Observatorio Permanente de Xustiza-. Inevitable sería poñer un capítulo referente á Reforma do sistema Xudicial Portugués. Neste senso, o capítulo III dá un enfoque á Nova Reforma Xudicial, abordando a reforma dos tribunais. No capítulo IV atendemos á cuestión, cada día máis pertinente, da Resolución Alternativa de Litixios, como medio máis próximo dos cidadáns e, nese senso, reálzase a importancia do acceso ao dereito e ao patrocinio xudicial. Seguidamente, o capítulo V, fai unha comparativa dos Orzamentos da Xustiza, para os anos 2008 e 2009. No capítulo VI dedicamos toda a nosa atención a un cuestionario preliminar, realizado a un grupo de xuíces, avogados e oficiais de xustiza, con idades e salarios diferentes. A información obtida neste cuestionario foi extraída en todo o territorio de Portugal, no que podemos ver unha mellor e mais realista comprensión desta problemática. A consulta do Cuestionario pode ser feita no Apéndice. Foi a nosa intención propoñer unha conducta, un camiño a seguir. Ao longo do estudio e da investigación dos feitos, fomos testemuña das quebras de confianza das que é obxecto o sistema de xustiza en Portugal e tentamos debuxar unha tendencia, aínda que tenue. Nembargantes, foi verificado que non só era unha tendencia adoptada e defendida por min, senón tamén polas Comisións e Comités que se dedican á observación e ao estudio do sistema xudicial. O camiño está trazado. Só nos queda salvagardalo e asegura-lo seu desenvolvemento