Estudio de la construcción que hacen las madres del soporte necesario para la instauración y mantenimiento de la lactancia materna

  1. Suárez Cotelo, María del Carmen
Supervised by:
  1. Silvia Novío Mallón Co-director
  2. María Jesús Movilla Fernández Co-director

Defence university: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 26 July 2017

Committee:
  1. Josefina Goberna Tricas Chair
  2. Javier Muñiz Secretary
  3. María Jesús Núñez Iglesias Committee member
Department:
  1. Health Sciences

Type: Thesis

Teseo: 485150 DIALNET lock_openRUC editor

Abstract

A lactación materna (LM) foi historicamente e segue sendo motivo de interese por parte de numerosas disciplinas, entre elas, a enfermaría. Nos humanos, coma mamíferos que son, a LM forma parte do seu ciclo reprodutivo. Con todo, a diferencia destes, nas mulleres a LM non é un acto exclusivamente biolóxico. A diferenza doutros animais, no ser humano a lactación é unha construción social e, polo tanto, depende da aprendizaxe, crenzas, valores, normas e condicionantes socioculturais que mudan ó longo dos tempos e dos individuos que neles viven. É por iso que se fai necesario incorporar no estudo da LM a perspectiva dos suxeitos implicados, neste caso as nais. A investigación en saúde que se presenta nesta tese realizouse coma un Estudo Mix-Method Transformativo cunha estructura secuencial cuantitativa-cualitativa. Os resultados desta investigación establecen que a decisión que teñen que tomar as mulleres sobre a alimentación do recén nado (RN) está condicionada polos beneficios que elas atribúen á LM e á LA; a estigmatización da LM en público; e a presión que exercen os profesionais sanitarios, a sociedade e as propias mulleres, influídos polas normas sociais e culturais do momento. Ó se tratar dun estudo transformativo finalízase cunha proposta de axenda para cambiar ou reformar os aspectos que se desenvolveron como resultado da investigación. Esta axenda transformadora implica, ademáis dos profesionais sanitarios do coidado da muller xestante, ós xestores da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol (XXIF).