Obra lírica de Eduardo Pondal.edición crítica

  1. FERREIRO FERNANDEZ, MANUEL

Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 25 de junio de 1990

Tribunal:
  1. Nicolás Extremera Tapia Presidente/a
  2. José Luis Rodríguez Fernández Secretario/a
  3. Carlos Reis Vocal
  4. Pilar Vázquez Cuesta Vocal
  5. Basilio Losada Castro Vocal

Tipo: Tesis

Teseo: 24511 DIALNET

Resumen

A tese consiste unha edición crítica da lírica de Eduardo Pondal, ordenada cronolóxicamente. Depois duns capítulos introdutorios sobre fontes, criterios de edición, lingua e aspectos literario-biográficos, pasase á edición de Queixumes dos pinos (1886), O dolmen de Dombate (1895) e A campana de Anllóns (1895). Na continuación agrúpanse os poemas impresos, publicados en diferentes xornais ou revistas galegas ou estranxeiras. A edición do corpus galego impreso vai acompañada dun glosario. O capítulo de anexos aparece dividido en varios capítulos segundo fagan referencia á biografía, á edición ou ao glosario. En primeiro lugar axúntanse todos os documentos relativos á vida e ao contexto cultural da época. O segundo grupo recolle a edición -tamén crítica- da poesía en español, da novela e da poesía manuscrita nas dúas linguas. Finalmente, depois das conclusións recóllense en dous apéndices as obras líricas galegas do período de mocidade que mais tarde foron integradas en Obras Completas, e a reprodución fotocopiada dos principais manuscritos utilizados na edición da obra lírica do bardo bergantiñán.