Técnica, tipoloxía e análise da carpintería de armar nas estruturas de madeira das edificacións históricas en Galicia dende a Idade Media a partir dunha análise da evolución dos elementos estruturais e dos motivos técnicos
- Juan Pérez-Valcárcel Director
Defence university: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 14 January 2016
- Francisco Arriaga Martitegui Chair
- Dolores Otero Chans Secretary
- Manuel Guaita Fernández Committee member
Type: Thesis
Abstract
A carpintería de armar galega, dende sempre rica e abundante, actualmente atópase nun estado de abandono e esquecemento problemático. Durante moito tempo as estruturas de madeira en Galicia foron relegadas a un segundo plano, sendo escasamente valoradas en comparación coa construción en fábrica. Asemade, moitos técnicos, tanto arquitectos coma enxeneiros, mostran unha preocupante falta de conecementos no tocante á carpintería de armar tradicional ó se enfrontar a obras de rehabilitación e reforma. A presente tese procura paliar en certo modo esta situación existente, aportando os conecementos necesarios para poder valorar e intervir nas estruturas de madeira Upicas da carpinterla de armar, asl coma recollendo algúns dos exemplos máis caracterlsticos e sobresalntes do territorio galego, mostrando con elo a gran riqueza e importancia que posúen tales estruturas. Centrarase o estudio nos forxados horizontais e nas cubertas de pares, que suponen a maior parte das estruturas históricas galegas. Alnda así, o estudio tampouco esquecerá o estudo doutras tipoloxlas interesantes, coma poden ser as tesoiras e as cúpulas de madeira. O custe, a facilidade de mecanización e prefabricación, a versatilidade e a capacidade estrutural da madeira (único material capaz de soportar flexións e traccións ata o século XIX) fixo que a madeira fose un material dificil mente substituible na arquitectura galega, polo que merece un trato adecuado. A tese céntrase nos aspectos construtivos e estruturais da carpinterla de armar galega, non sen esquecer outras caracterlsticas que influiron na súa concepción final, tales coma a incorporación da decoración de lacerla na estrutura ou o contexto socioeconómico no que se orixinaron. O traballo basicamente atenderá a tres obxectivos concretos: -Conecer e sintetizar as técnicas e ferramentas históricas utilizadas polos carpinteiros de armar en Galicia. Neste senso atenderase tanto ás técnicas adoptadas para o deseño das armaduras e a súa execución, coma ós procedementos para a súa protección e rehabilitación histórica. -Analizar construtiva e estruturalmente as diferentes tipoloxias da carpinteria de armar histórica galega: sistemas alintelados (forxados inclinados e alfarxes horizontais), estruturas de pares (parhilera e par e ponte), estruturas trianguladas (tesoiras e coitelos) e bóvedas de madeira. -Analizar e estudar as armaduras máis sobresaintes no territorio galego, que merecen ser conservadas e valoradas na súa xusta medida. Aparte de analizar as estruturas orixinais que ainda se conservan no territorio galego, para elaborar a presente tese tamén se acudiu ás fontes orixinais: documentos da obra (contratos e condicións, preferentemente) e trazas ou planos conservados