Incendios forestais en Galicia, o seu réxime xurídico
- Estévez Janeiro, Xermán
- Ana Gude Fernández Director
- José Julio Fernández Rodríguez Director
- Vicente A. Sanjurjo Rivo Director
Defence university: Universidade de Santiago de Compostela
Year of defence: 2011
- José Antonio Portero Molina Chair
- Luis Míguez Macho Secretary
- Roberto Luis Blanco Valdés Committee member
- Joaquín Brage Camazano Committee member
- Ana Aba-Catoira Committee member
Type: Thesis
Abstract
Nos últimos anos en Galicia se está a producir un númeo elevado de sinistros forestais e por tal motivo as autoridades autonómicas e o Goberno central adoptaron medidas lexislativas, organizativa e de investimento para frea-la lacra incendiaria. Neste contexto facemos unha análise xurídica, funcional e histórica das normativas aprobada e os posibles éxitos ou ben fracasos de tales políticas. Unhas políticas que empregaron un número elevado de recurso e de persoal técnico para abordar o problema da denfesa da natureza. Un problema que todos os veráns, meses de xullo, agosto e setembro ocorre o mesmo, miles de hectáreas calcinadas. A investigación doutrinal parte de cáles son os programas e as medidas adoptadas e se tales medidas están tendo unhas consecuencias positivas na defensa do medio ambiente. Por todo isto, se trazou un seguimento dos órganos instrumentais sectoriais creados, Seaga, Banco de Terras, Sorfor, Agader, 19 distritos forestais -repartidos polas catro provincias- e o mesmo tempo unha valoración por parte de cada un dos protagonistas que participen nestas funcións, desde a posición da Comunidade Autónoma de Galicia, ata a Aministración local e a colaboración interadministrativa coa Administración do Estado. Un proxecto onde tamén se valora a evolución lexislativa ambiental e forestal e súa incidencia para frear a lacra incendiaria que queima os montes de Galicia cada época estival.